Stone Sour é o primeiro álbum de estudio da banda estadounidense de metal alternativoStone Sour, publicado o 27 de agosto de 2002 a través do selo Roadrunner Records. Foi gravado e producido pola banda e Tom Tatman nos Catamount Studios en Cedar Falls, Iowa. A composición do disco comezou no ano 2000 mentres o vocalista Corey Taylor e o guitarrista Jim Root aínda estaban activos con Slipknot. O traballo do álbum comezou despois de que Slipknot entrase en hiato tras a xira de promoción do seu segundo álbum, Iowa.
Tras o lanzamento do álbum Stone Sour promocionouno durante case un ano. A banda publicou tres xinxelos e xirou polos Estados Unidos e por Europa. O álbum conseguiu recensións en xeral positivas. Foi eloxiado por amosar a diversidade vocal de Taylor, que non se vía representada nos anteriores discos de Slipknot. O traballo foi certificado ouro nos Estados Unidos,[1] e dous dos seus sinxelos foron nomeados aos premios Grammy na categoría de mellor interpretación de metal dous anos consecutivos.[2]